26.945, a política lingüística nas candidaturas á Reitoría da USC, entrevista a Manuel Bermejo, etc., no novo número do Cartafol Dixital

Xa está en liña O Cartafol Dixital do SNL da USC, correspondente ao mes de abril. Entre outros contidos, salienta unha entrevista a Manuel Bermejo, información sobre doce novas unidades didácticas da USC, os últimos datos sobre a lingua do IGE, información sobre os programas de política lingüística das candidaturas á Reitoría da USC ou o Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro

Xa está en liña O Cartafol Dixital, correspondente ao mes de abril.

Salientan os seguintes contidos:

– Manuel Bermejo, catedrático de Química: “Non dar ciencias en galego por falta de léxico é unha falacia”

– Doce novas unidades didácticas da USC

– 26945 e os últimos datos sobre a lingua do IGE

– Candidaturas, programas e política lingüística

– Pasa a folla: Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro

Ademais , conta coas habituais seccións “Axenda”, “Ruxe-ruxe” e “Arriba e abaixo”.

O Cartafol Dixital é o boletín de novas sobre a lingua na USC, e está ao dispor de toda a comunidade universitaria para dar a coñecer cantas iniciativas xurdan no seu seo a prol do galego
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio