Aí hai camisolas, libros, música, café, calcetíns, vermú, axendas, cuncas, carteiras, conservas… Vaia!, un pouco de todo.
Esta é unha idea da CTNL feita co obxectivo de incentivar e recomendar que o galego tamén se teña en conta á hora de regalar.
Agasallo.eu compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego de diverso tipo, para todas as idades e para todo tipo de acontecementos e épocas do ano. Para que se coñeza o que existe en galego! ;-)
Cando unha persoa quere facer un regalo pode acceder aquí e buscar ideas e propostas, que pode consultar por tipo, idade da persoa á que vai destinado, prezo, etc., e atopar información completa sobre o produto e onde mercalo.
Agasallo.eu non é unha tenda en liña. É unha plataforma sen ánimo de lucro que dá ideas e propostas e indica ou leva a onde se poden adquirir, mais non se venden directamente a través desta plataforma.
Se xa a coñeces e cres que pode ser interesante, animamos a difundir Agasallo.eu desde os SNL, ENDL, asociacións, etc., e tamén a compartila e recomendala nas redes sociais.
Ah! E Agasallo.eu tamén está en Facebook e Twitter!
E, ADEMAIS… CREACIÓN DE CATÁLOGOS DISTRIBUÍBLES
Probasches a funcionalidade de crear catálogos de recomendacións de agasallos en galego que hai no web de Agasallo.eu? Proba, xa verás! Nuns minutiños poderás facer o teu catálogo de recomendacións perfectamente maquetado listo para enviar ou imprimir! Proba aquí.