[246] Convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para servizos de normalización lingüística

A Deputación da Coruña convoca axudas económicas para a creación, mantemento e reforzamento de servizos de normalización lingüística (SNL) nos concellos da provincia de 7.000 ou máis habitantes ou agrupacións que cheguen a esa cifra. O prazo de solicitude está aberto até o 18 de decembro

Estas axudas, que duplican a contía máxima establecida para cada concello en anos anteriores, buscan o mantemento e a creación de servizos de normalización lingüística nos concellos da provincia, e incorpora novidades -ademais das do notable incremento orzamentario-, como procurar a coordinación e acción conxunta dos SNL, definir máis claramente os seus obxectivos de incremento do uso e prestixio social do galego, fomentar o reforzamento dos SNL das cidades para dinamización lingüística, ou establecer que as axudas son para concellos de 7.000 ou máis habitantes ou agrupacións que cheguen a esa cifra.

Convocatoria completa, no BOP da Coruña do 18/11/15 >

  • Importe da subvención que se ha conceder: A cantidade é igual para todos os solicitantes ata un máximo de 12.000 €
  • Prazo e presentación de solicitudes: 14:00 h do 18 de decembro de 2015
  • Entidades solicitantes: Poderán participar todos os concellos da provincia da Coruña de 7.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos limítrofes que, entre eles, cheguen a esa cifra mínima de habitantes. Tendo en conta a continua perda de galegofalantes que se produce nas grandes cidades os concellos da Coruña, Santiago e Ferrol poderán solicitar a subvención, mais unicamente para persoal técnico de reforzo do SNL xa creado, sempre e cando se dedique a labores de dinamización sociolingüística.

Nova no web CTNL.gal >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio