Os acordos sempre son necesarios. Os impulsos, en moitas ocasións, vitais. E ante a situación da lingua galega, o noso maior e máis prezado ben colectivo e identitario que nos define como galegas e galegos, cómpre tomar iniciativas, con necesario acordo e vital impulso.
Así, é bo actualizarmos entusiasmos, discursos, ferramentas e accións, para o que debemos vérmonos e falar para intercambiarmos e compartirmos impresións, ideas, visións e enfoques. Por iso, este Encontro de Política Lingüística Municipal, un foro para acordarmos ese necesario impulso vital desde os concellos para o futuro da lingua galega.
Información e progama completo en .pdf >
OBXECTIVOS DO ENCONTRO
>Actualizar o entusiasmo e o discurso a prol da lingua galega emitido e difundido desde os concellos.
>Activar a implicación das administracións locais no proceso de normalización da lingua galega.
>Acordarmos e establecermos pautas comúns e mínimos de actuación en materia de normalización do idioma.
>Reforzar a colaboración e o traballo en rede a prol da lingua.
>Desenvolver e ampliar a participación en proxectos dinamizadores colectivos.
DATA
Luns 16 de novembro de 2015
LUGAR
Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Avda. do Burgo das Nacións s/n. Santiago de Compostela
PARTICIPACIÓN
Están convidadas/os a participar neste encontro alcaldesas e alcaldes, concelleiras/os, representantes políticas/os de deputacións ou outras entidades, técnicas/os de normalización lingüística, representantes de entidades implicadas no proceso de normalización da lingua (institucións, asociacións…), etc.
Para poder participar agradecemos a confirmación de asistencia até o 11 de novembro no enderezo electrónico info@ctnl.gal.
PROGRAMA
9.30 h Recepción de participantes
10.00 h PARA UN NOVO IMPULSO NA POLÍTICA LINGÜÍSTICA MUNICIPAL
Intervencións de benvida
>Martiño Noriega Sánchez
Alcalde de Santiago de Compostela
>Nel Vidal Barral
Presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
10.30 h O PAPEL DOS CONCELLOS PARA O PRESENTE E FUTURO DA LINGUA GALEGA
Exposición de ideas e debate
>Xulio Ferreiro Baamonde
Alcalde da Coruña
>Carmen Basadre Vázquez
Concelleira de Promoción da Lingua de Lugo
>Isabel Vaquero Quintela
Concelleira de Normalización Lingüística de Ames
>José López Campos
Alcalde da Estrada
>Rafael Cuíña Aparicio
Alcalde de Lalín
Conduce o debate: Fernanda Tabarés, xornalista
12.00 h Café conxunto
12.30 h FERRAMENTAS ESTRUTURAIS NECESARIAS PARA A POLÍTICA LINGÜÍSTICA MUNICIPAL
Exposición de propostas para os concellos
>A regulamentación do proceso de normalización lingüística
Nel Vidal Barral, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo
>Os servizos de normalización lingüística
Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística do Concello de Ames
13.15 h PROXECTOS COLABORATIVOS PARA O FOMENTO DO GALEGO
Presentación e integración de concellos
>Apego, para a socialización da infancia en galego
Socorro García Conde, técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago de Compostela
>Proxecto para o fomento de youtubeir@s en galego
Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense
>Club de Debate
Concepción Cochón, técnica de normalización lingüística do Concello de Pontevedra
ORGANIZAN
>Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
www.ctnl.gal
>Concello de Santiago de Compostela
www.santiagodecompostela.gal