Unha chea de páxinas e perfís en Facebook de servizos de normalización lingüística de concellos ou universidades, de asociacións, de equipos de dinamización, de proxectos…; perfís de Twitter ou Instragram, etc. Como é normal, cada vez bótase máis man das redes sociais para a comunicación e interacción desde os servizos e equipos de normalización e desde entidades relacionadas coa lingua, para lanzar mensaxes a prol do uso e prestixio do galego, para anunciar accións, para convocar á participación, para interaccionar, etc.
Mais…, estamos a usar as redes axeitadamente neste ámbito? Estamos a aproveitalas ben? Usámolas de maneira eficiente? Ou, sexa como for, podemos usar e aproveitar as redes sociais máis e mellor?
Se cadra está ben que unha persoa experta nos bote unha man, que lle bote un ollo ao que facemos, ás redes que manexamos, a como as usamos, e que nos axude a facelo mellor…
Por iso convocamos este obradoiro, que terá dúas edicións: unha en Pontevedra (20 outubro) e outra en Santiago de Compostela (22 outubro).
- Prazo de solicitude de participación no obradoiro: Até o 8/10/2015 ás 12.00 h
- Publicación da listaxe de persoas participantes: 9 de outubro 2015
- Auditoría das redes das persoas participantes: Entre o 9 e o 19 de outubro
- Obradoiro en Pontevedra: Martes 20 de outubro, de 16.30 h a 21.00 h
- Obradoiro en Santiago de Compostela: Xoves 22 de outubro, de 16.30 h a 21.00 h
Información completa sobre estes obradoiros e inscrición, aquí >