24 horas galego fullscreen

E vai adiante o primeiro proxecto de GalegoLab. O concurso 24 horas galego fullscreen consiste en facer un vídeo de 5 minutos como máximo no se resuman as 24 horas de conduta lingüística dun ou dunha falante galego/a. O prazo, até o 31 de outubro

REGULAMENTO 24 HORAS FULL SCREEN

-Os filmes tratarán da vivencia e convivencia lingüística cotiá da cidadanía de Galiza ao longo das 24 horas do mesmo día.

-Todas as imaxes do filme levarán sobreimpresa en pantalla a hora do día á que corresponden.

-A duración máxima será de 5 mins.

– Preferibelmente os filmes serán gravados en 16/9

– Os vídeos deberán ser enviados en formato mp4, MOV ou AVI usando algún servizo de descarga online como www.sendspace.com, ao correo info@galegolab.org.

-Haberá un xurado “popular” composto por seis voluntarios de GalegoLAB. O premio que outorgue este xurado será unha das serigrafías de GalegoLAB feitas por Antón Patiño.

-Haberá outro xurado de expertos (cun mínimo de 3 membros e un máximo de 6) que se dará a coñecer na páxina de GalegoLAB antes do 30 de setembro. Este xurado outorgarña un premio único de 300 €. O xurado pode acordar “accésits” sen retribucións e mencións de honra.

-O prazo de recepción de filmes rematará o 31 de outubro ás 12 da noite.

-Os filmes serán enviados a Eufalo.TV, na que estarán dispoñíbel para o público a partir do 1 de novembro.

-Os ditames dos xurados faranse públicos antes do 30 de novembro.

Os 300 euros do premio son achegados voluntariamente por 28 persoas a nivel individual

Información completa no web de GalegoLab >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio