Atendendo á Lei 3/1983, de normalización lingüística, a Real Academia Galega posúe criterio de autoridade para estabelecer a normativa e ditaminar o uso correcto da lingua. A RAG cumpriu este mandato coa primeira edición das NOMIG, en 1982, que tiveron unhas pequenas modificacións en 1995 e outras, finalmente, en 2003.
A 23ª edición das NOMIG, unha versión sen cambios con respecto á anterior, pode descargarse en .pdf desde o sitio web da RAG >
23ª edición das Normas da RAG, que cumpren 30 anos
A Real Academia Galega (RAG) acaba de pór a disposición do público a 23ª edición das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galega (NOMIG), cuxa primeira edición data de 1982, polo que fan agora 20 anos