[230] Recordatorio e documentación Asemblea CTNL

Benquerida/o socia/o da CTNL, Lembrámosche que este sábado temos unha cita en Santiago de Compostela para celebrarmos a Asemblea Xeral da CTNL. Será ás 12.00 h na Nave de Vidán. Aquí podes descargar a diversa documentación para participar nesta xuntanza. Un saúdo e vémonos este sábado! ASEMBLEA XERAL DA CTNL 2015 -Día: sábado 28 de febreiro de 2015 -Hora: primeira convocatoria, ás 11.30 h. Segunda convocatoria, ás 12.00 h -Lugar: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela) ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta da asemblea anterior [Descarga aquí en .pdf a acta a asemblea anterior] 2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas 3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión [Descarga aquí en .pdf o informe-memoria de xestión da CTNL en 2014] 4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas 5. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio 6. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio [Descarga aquí en .pdf as propostas de acción da CTNL para 2015] 7. Rolda aberta de intervencións Convocatoria completa en .pdf >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio