[228] Este 14 de febreiro, fain@ gozar coa lingua

Hai mil maneiras de expresarlle amor ou paixón a alguén, a unha parella, estable ou pasaxeira, presente ou arelada. Pode ser día a día ou de xeito puntual... E sempre está ben facelo cunha sorpresiña, non? Pois o 14 de febreiro pode ser, por que non, unha data estupenda para facelo, para facer gozar coa lingua.

Aínda que orixinariamente occidental, o Día d@s Namorad@s, San Valentín, foi estendido a boa parte do mundo. Dise que este día as persoas namoradas levan algunha prenda encarnada e, ademais, fanlle un agasallo a aquela persoa que queren. E nós propomos que, de facerse, se faga en galego, claro! E é que agasallar en galego é unha boa maneira de facer gozar coa lingua, non? :-P

Deste xeito, a CTNL pon en marcha a campaña Fain@ gozar coa lingua, vinculada á plataforma Agasallo.eu, co obxectivo de que se teña en conta o idioma á hora de escoller regalos para a parella.

Por iso, entre o 9 e o 14 de febreiro haberá publicidade en medios dixitais e mais nas redes sociais co provocativo lema Fain@ gozar coa lingua, a través do que se vincula o amor co galego, e o galego co amor. Ah, claro, e convidámoste a que ti tamén compartas a campaña, a imaxe, o evento, etc., e o web de Agasallo.eu, a través das redes sociais!

HASME FACER GOZAR COA LINGUA?

Ademais tamén se creou en Facebook o evento Fasme gozar coa lingua?, coa finalidade de que, quen queira, se una a el e convide a quen lle gustaría que este 14 de febreiro o/a faga gozar coa lingua…, cunha sorpresiña de www.agasallo.eu, claro ;-)

Así que, anímate!

XEITOSAS PROPOSTAS PARA AS PARELLAS EN AGASALLO.EU

Algo doce, como chocolate ou semellante? Pode ser unha frecha de chocolate con poema, como a que propón Fina Rei, ou calquera outra delicatessen como as de Catrineta ou Carabuñas. Ou un vermú! Boa idea, sempre é, claro, un libro, un disco ou audiovisual, e aquí ofrecémosche unha boa selección. E camisolas! Témolas, por exemplo, con identidade propia, como as de OZOCOgz, Rei Zentolo ou Ovisio, ou éticas e ecolóxicas, como as de Cestola con Cachola, entre outras. E unha bolsa ou mochiliña? Ou un vinilo para decorar a casa! Xa está, unha pintura orixinal! Ou unha subscrición a un medio en galego. Ou calquera outra cousa por aí!

Veña, bótalle un ollo a Agasallo.eu!

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio