[226] Curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística 2014

Convocamos a 2.ª edición deste curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística, que terá lugar todos os venres de outubro. O prazo de inscrición, do 11 ao 22 de setembro, no web da CTNL

Contribuír ao proceso de normalización do galego non é só unha cuestión de vontade nin de “organizar cousas”. Para facelo con eficacia, debemos aprender como: buscar a participación e a complicidade, axeitar os discursos, adecuarnos ás diversas actitudes lingüísticas, coñecer metodoloxías e técnicas, contar con estratexias, etc.

Con este curso preténdese que as persoas participantes adquiran unha perspectiva global da dinamización lingüística e aprendan unha metodoloxía de traballo de xeito práctico.

As sesións terán lugar os venres 3-10-17-24-31 de outubro de 2014 na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

Da impartición do curso encargaranse:

-Contidos xerais, dinamización, planificación, execución, avaliación, etc.:

Isabel Vaquero. Técnica de normalización lingüística, responsábel da Área de Dinamización do SNL da Universidade de Santiago de Compostela.

-Mercadotecnia e comunicación:

Miguel R. Penas. Xornalista, especialista en comunicación e presidente da Agal.

-Participación e implicación:

Xaime Subiela. Investigador social e consultor público experto en participación social.

O prazo de inscrición está aberto do 11 ao 22 de setembro, e debe facerse a través do formulario habilitado para o efecto no web da CTNL, aquí.

Dado que o número de prazas está limitado a 20, terán preferencia, en primeiro lugar, os/as socios/as da CTNL por orde de inscrición. Despois deles/as, respectarase a orde de inscrición entre o resto das persoas inscritas.

Accede aquí á información completa sobre o curso: obxectivos, contidos, inscrición, cotas, calendario, etc. >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio