[22] Curso de introdución ao traballo en servizos de normalización lingüística

A CTNL convoca un novo curso de formación dirixido a persoas que comezaron a traballar recentemente nun SNL e a estudantado co obxectivo de introducir no traballo dos SNL e formar novos/as técnicos/as de normalización. O curso terá tres edicións ao longo do mes de novembro: Santiago, Vigo e A Coruña.
OBXECTIVOS E CONTIDOS

OBXECTIVOS E CONTIDOS

OBXECTIVOS

-Dar a coñecer, dun xeito práctico, os obxectivos, a estrutura, as competencias, os recursos e as funcións dun servizo de normalización lingüística

-Analizar as metodoloxías de traballo e as propostas de acción dos servizos de normalización lingüística

-Formar novos e novas técnicas de normalización lingüística

-Presentarlle ao alumnado universitario unha saída profesional no ámbito da lingua

CONTIDOS E DOCENCIA

1.º bloque (4 horas). Que é un SNL? Definición, organización, estrutura. A planificación lingüística desde un SNL.

Docente: Valentín García Gómez, técnico de normalización lingüística do Concello da Estrada.

2.º bloque (4 horas). Aproximación ao asesoramento e formación lingüística desde un SNL. Accións e principais recursos.

Docente: Manuel Bermúdez, técnico de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e responsábel da Área de Asesoramento Lingüístico.

3.º bloque (4 horas). A dinamización lingüística desde un SNL. Accións e principais recursos.

Docente: Isabel Vaquero Quintela, técnica de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e responsábel da Área de Dinamización Lingüística.

LUGARES, DATAS E HORARIOS

SANTIAGO DE COMPOSTELA: Facultade de Filoloxía.

12, 13 e 14 de novembro, de 16.00 h a 20.00 h

VIGO: Facultade de Filoloxía e Tradución.

19, 20 e 21 de novembro, de 16.00 h a 20.00 h

A CORUÑA: Facultade de Filoloxía.

26, 27 e 28 de novembro, de 16.00 h a 20.00 h

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase a través do sitio web da CTNL (www.ctnl.org).

Os prazos de inscrición son os seguintes:

Santiago de Compostela: 5 de novembro

Vigo: 12 de novembro

A Coruña: 19 de novembro

INFORMACIÓN COMPLETA NO WEB DA CTNL

DESCARGA A INFORMACIÓN EN .PDF

ORGANIZA

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COORGANIZAN

Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela

Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña

Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo

COLABORA

Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio