![](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/226-a-imaxe-asemblea-ctnl.jpg)
Lembra que podes acceder a toda a documentación para a asemblea no web da CTNL, a través desta ligazón, onde poderás atopar:
-Convocatoria e orde do día
-Acta da Asemblea anterior (2013)
-Informe-memoria de xestión da CTNL en 2013
-Propostas de acción para 2014
-Candidatura á Xunta Directiva da CTNL 2014 – 2015
Informamos tamén que se presentou unha única candidatura á Xunta Directiva para os dous vindeiros anos, coa seguinte proposta de composición:
Presidencia:
-Nel Vidal Barral
Secretaría:
-Rosa Moreiras Cuñarro
Tesouraría:
-Queca Carballo Coello
Vogais:
-Dores Sánchez Alegre
-Anxo M. Otero Montero
-Isabel Vaquero Quintela
-Pepe Blanco Alborés
-David Cobas Medín
-Silvia Muíño Naveira
Lembrámosche tamén que despois da Asemblea, a iso das 14.30 h, e no mesmo espazo, celebraremos unha lacoada de confraternidade lingüística.