[217] Información e documentación para a Asemblea da CTNL do 8/3/14

O sábado 8 de marzo terá lugar a nosa Asemblea Xeral anual. Celebrarase pola mañá en Santiago de Compostela, e posteriormente teremos un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, A Nave de Vidán. Achegamos aquí a documentación, propostas e información para esa asemblea. Contamos contigo ;-)

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en Asemblea Xeral Ordinaria o sábado 8 de marzo en Santiago de Compostela.

-DÍA: sábado 8 de marzo de 2014

-Hora da primeira convocatoria: 11.30 h

-HORA da segunda convocatoria: 12.00 h

-LUGAR: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela)

DOCUMENTACIÓN PARA A ASEMBLEA

Para que poidas preparar mellor as túas achegas e propostas e así facermos entre todas e todos unha asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva, achegámosche aquí as ligazóns para que poidas descargar en .pdf a seguinte documentación:

Convocatoria completa, coa orde do día >

Acta da Asemblea de 2013, para que poida ser aprobada nesta de 2014 >

Informe-memoria de xestión da CTNL en 2013, para analizarmos na asemblea o traballo feito >

Propostas de acción para 2014, para valorarmos e acordarmos o traballo a desenvolver ao longo do novo período >

ELECCIÓN DE XUNTA DIRECTIVA

Lembrámosche que, segundo os estatutos da CTNL, a Xunta Directiva estará integrada por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a e seis vogais (art. 24) e que os cargos da Xunta Directiva terán unha duración de dous anos (art. 25). Deste xeito, poderanse presentar candidaturas á Xunta Directiva até 72 horas antes da Asemblea (mércores 5 de marzo, ás 11.30 h), para o que se deberá enviar a candidatura por correo electrónico a info@ctnl.org, na que deberán figurar os nomes, apelidos e números de documentos de identidade dos/as socios/as que a compoñen, e sempre co visto e prace desas persoas.

Xantar de confraternidade lingüística

Xantar de confraternidade lingüística

O mesmo día da Asemblea da CTNL celebraremos, no mesmo espazo, unha lacoada de confraternidade lingüística, na que nos gustaría contar coa túa participación.

-Lugar: Restaurante A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela)

-Hora: 14.30 h.

-Menú: lacoada (lacón, chourizos, patacas, grelos, viño tinto e outras bebidas, queixo e rosca de sobremesa e café de pota).

-Prezo: 20 euros.

-Confirmación: debes confirmar a túa asistencia ao xantar ata o 5 de marzo, no enderezo-e info@ctnl.org ou no teléfono 629 571 950.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio