[213] Aberta a inscrición no Obradoiro de creación de vídeos

Desde a CTNL convocamos un Obradoiro de creación de vídeos básicos para a normalización lingüística. Terá lugar durante o mes de novembro, con dúas sesións presenciais (12 e 21 de novembro, en Santiago de Compostela) e varias en liña. Xa está aberta a inscrición

Podes inscribirte aquí >

Cres que unha imaxe vale máis ca mil palabras? Pois nós non!, mais a imaxe é tamén moi importante para transmitir e a comunicación audiovisual é fundamental para a normalización da lingua, para transmitir mensaxes a prol do galego, para difundir accións e actividades de cara ao incremento do uso e prestixio do noso idioma.

E, de maneira moi sinxela, desde os servizos de normalización lingüística, desde equipos de normalización ou desde asociacións, pódense facer vídeos básicos con esa finalidade, pensados sobre todo para difundir a través da rede, e sen máis necesidades ca unha pequena cámara ou incluso un teléfono móbil.

Por este motivo, para aproveitar este potencial e para podermos crear vídeos básicos con moi poucos medios para campañas, anunciar actividades, difundir mensaxes a prol do galego, etc., desde a CTNL organizamos este obradoiro.

Tes toda a información aquí, no web da CTNL >

Tamén podes descargar a convocatoria en .pdf, aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio