[210] Xornadas, contrato de TNL, premio empresarial…

Xornadas Educación e Linguas: 30 anos da Lei de normalización lingüística A Universidade de Santiago de Compostela organiza as V […]
Xornadas Educación e Linguas: 30 anos da Lei de normalización lingüística

Xornadas Educación e Linguas: 30 anos da Lei de normalización lingüística

A Universidade de Santiago de Compostela organiza as V Xornadas Educación e Linguas. 30 anos da Lei de normalización lingüística de Galicia. Desenvolveranse os días 25 e 26 de outubro de 2013 na Facultade de CC. da Educación, co obxectivo principal de analizar a implementación da Lei de normalización lingüistica

+Info>

O Campus de Lugo da USC acolle o Foro Proxéctate en Galego

O Campus de Lugo da USC acolle o Foro Proxéctate en Galego

As comisións de normalización lingüística do Campus de Lugo da USC organizan o Foro 2013 Proxéctate en Galego, un espazo de reflexión e debate sobre a normalización do idioma galego destinado á comunidade universitaria que terá lugar do 18 ao 20 de outubro

+Info>

II edición do Premio Empresarial Abertos ao Galego

II edición do Premio Empresarial Abertos ao Galego

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca por segundo ano o Premio Abertos ao Galego, un galardón co que se recoñece unha empresa que destaque polo uso normal do idioma do país. O prazo para a presentación de candidaturas remata o día 31 de outubro de 2013

+Info>

O Parlamento Europeo pide un maior compromiso dos gobernos coas linguas minorizadas

O Parlamento Europeo pide un maior compromiso dos gobernos coas linguas minorizadas

O Parlamento Europeo aprobou o 11 de setembro de 2013 unha Resolución sobre as linguas europeas ameazadas, a través da que lles pide aos estados maior atención e que se comprometan coa preservación da diversidade lingüística implementando políticas de revitalización dos idiomas ameazados

+Info>

Vigo crea o Centro Municipal de Interpretación da Oralidade en galego

Vigo crea o Centro Municipal de Interpretación da Oralidade en galego

O Concello de Vigo creou o Centro de Interpretación da Oralidade, para recuperar, poñer en valor e transmitir o patrimonio inmaterial das tradicións orais galegas. A actividade do centro arrancará o 2 de outubro

+Info>

Contratación temporal de técnico/a de normalización en Vigo

Contratación temporal de técnico/a de normalización en Vigo

O Concello de Vigo anuncia a contratación laboral temporal, por acumulación de tarefas, de técnico/a de normalización lingüística, por un período de dous meses e medio. O prazo de solicitude remata o 8 de outubro

+Info>

AXENDA DA LINGUA

15 de outubro

>Remata o prazo para inscribirse no foro Proxéctate

18 de outubro

>Remata prazo inscrición Xornadas Educación e Linguas

Do 18 ao 20 de outubro, en Lugo

>Foro Proxéctate en Galego

25 e 26 de outubro en Santiago de Compostela

>Xornadas Educación e Linguas: 30 anos da Lei de normalización lingüística

31 de outubro

>Remate prazo presentación premio Abertos ao Galego

8 de novembro

>Remate prazo Premio Luísa Villalta iniciativas normalizadoras

Información de axenda completa >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio