[209] Contratación temporal de TNL e unhas preguntiñas…

Contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Estrada Outra vez, o Concello da Estrada anuncia a contratación […]
Contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Estrada

Contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Estrada

Outra vez, o Concello da Estrada anuncia a contratación temporal só por dous meses, até o mes de setembro, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de agosto

Info completa>

Se non participaches no curso de verán de dinamización, tes tres minutiños para darnos opinión e propostas?

Se non participaches no curso de verán de dinamización, tes tres minutiños para darnos opinión e propostas?

Desde a CTNL queremos analizar e mellorar na medida do posible o Curso de verán de dinamización lingüística “Traballando en lingua”, organizado desde hai nove anos pola Universidade da Coruña (en colaboración co Concello de Carballo e a SXPL), e co que desde a CTNL colaboramos na planificación, programa, organización, etc.

Por este motivo, ademais de avaliar o desenvolvemento do curso coas persoas asistentes, cremos que para facer unha análise global e proposta de mellora xeral, tamén debemos recoller opinións e valoracións de persoas potencialmente destinatarias, mais que non participaron na última edición, para así procurar coñecer algúns dos motivos de que algunha xente non participe, poder propor as mudanzas necesarias e posibles de cara a próximas edicións, e facer un curso máis accesible e de maior interese para todas e todos.

Deste xeito, se non participaches no curso e aínda non cubriches esta breve enquisa, agradecémosche que, con sinceridade e sen compromiso, lle dediques TRES MINUTIÑOS a responder este formulario (que é anónimo e confidencial).

Graciñas! ;-)

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio