[208] Como acadar maior implicación no proceso social de normalización lingüística?

Que non se che pase o prazo de matrícula no Curso de verán de dinamización lingüística, que xa remata este xoves, día 11! O curso está organizado pola Universidade da Coruña e a CTNL, e céntrase en analizar, coñecer e procurar vías de participación e implicación no proceso social de normalización da lingua galega. Nel intervirán persoas expertas en socioloxía, intervención, participación e comunicación de Cataluña, Madrid, O Salvador, Euskadi e Galicia

Como acadar a implicación en procesos e proxectos sociais? Para iso está este Curso de verán sobre participación, implicación e traballo colaborativo. Un curso que non deberían perder responsábeis, activistas ou persoas implicadas en asociacións diversas, servizos e equipos de normalización, entidades varias, colectivos sociais, culturais, xuvenís…, e persoas interesadas en xeral que poden aplicar as dinámicas de participación e implicación a diversos ámbitos alén do sociolingüístico, etc.

O prazo de matrícula remata este xoves 11 de xullo e faise en: http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso14/curso14.htm

De “as portas están abertas” a “este proxecto é teu”; a importancia da democracia implicativa; experiencias de implicación desde a base ou desde entidades; a participación na dinamización en Euskal Herria; as potencialidade do xogo serio para a implicación en proxectos; a comunicación implicativa; etc. Estes son algúns dos temas que se traballarán neste curso que a Universidade da Coruña, en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), a Xunta e o Concello de Carballo, organiza do 17 ao 19 de xullo no edificio Forum Carballo.

Os obxectivos principais son reflexionar sobre o papel central da participación, a implicación e o traballo colaborativo nos procesos de cambio social e coñecer e procurar formas de busca e apoio da participación e implicación na dinamización lingüística.

Como para perdelo! #traballandoenlingua

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio