[206] Que proposta che enche máis o ollo?

Ti seguro que tes ideas moi boas para mellorar algunhas das propostas do Viveiro! Intercambiámolas? Non lle tes que dedicar máis tempo do que ti queiras dedicarlle, e pode abondar con intercambiar impresións, ideas, etc., con outras persoas por correo electrónico... Que, anímaste a participar nalgunha das propostas do Viveiro? Pois o prazo remata xa! Anótate até mañá, venres 14!

Coas túas ideas e propostas poderanse poñer en marcha proxectos ilusionantes para a lingua como está sendo, por exemplo, o de Gústame o galego, e como poderán ser as propostas presentadas este ano ao Viveiro.

A creación duns paquetes de divulgación e animación lingüística, accións para a mellora da comunicación publicitaria en galego, unha campaña de visibilización do uso do galego nos medios, a creación duns premios a accións normalizadoras, acompañar as netas e os netos en galego, unha feira, a difusión da música en galego en pubs…

As propostas son moitas! Bótalle un ollo aquí e anótate para participar na súa maduración e desenvolvemento a través dun grupo de traballo coordinado pola persoa que a propuxo. Para iso, envía un correo a viveiro@ctnl.org até mañá, venres 14 indicando en que proposta(s) colaboras.

Veña, veña…

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio