[202] Envía a túa proposta e anótate para participar no Viveiro!

Ata este sábado 25 de maio podes enviar as túas propostas e mais anotarte para participar no Viveiro de propostas normalizadoras. A xuntanza terá lugar o mércores 29 de maio en Compostela

Unha campaña para incentivar que nos pubs poñan máis música en galego e que se pode desenvolver desde unha asociación? Unha proposta para crear uns premios a accións normalizadoras? Un manual de boas prácticas lingüística para cargos institucionais que asuman diferentes entidades? Un concurso nas redes sociais de fotos con lemas e argumentos a prol do galego? Unha aplicación para galeguizar o ordenador automaticamente? Unha festa da lingua?

Son moitas as ideas que podes presentar para poder ir madurando no Viveiro e para crear un grupo de traballo disposto a colaborar na súa xestación, ideación, planificación, etc.

Por exemplo, o ano pasado naceu neste Viveiro de propostas normalizadoras a campaña Gústame o galego e algunhas outras accións que verán a luz proximamente, como Leis en galego ou Agasallo.

Veña, entón, lembra…

CANDO VAI SER A XUNTANZA?

A xuntanza inicial do Viveiro en 2013 para presentar e coñecer as propostas terá lugar o mércores 29 de maio ás 17.30 h na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela (aula 9).

SI! QUERO PARTICIPAR! COMO FAGO?

Moi sinxelo. Abonda con que envíes un correo electrónico ao enderezo viveiro@ctnl.org ata este sábado 25 de maio:

-PARA PRESENTAR UNHA INICIATIVA: debes descargar esta ficha (.rtf) e enviala cuberta con toda a información que se pide, para explicar ben en que consiste a túa proposta (descrición, obxectivos, explicación, destinatarios/as, necesidades, proposta de xestión, prazos, etc.).

-SÓ PARA ASISTIR Á XUNTANZA E COÑECER INICIATIVAS, MAIS SEN PRESENTAR NINGUNHA PROPIA: debes enviar un correo dicindo que queres participar e indicando o teu nome e apelidos, enderezo-e e dicindo a que te dedicas.

O día 27 de maio enviaránselles a todas as persoas anotadas as descricións de todas as propostas presentadas.

Podes consultar a información completa sobre o Viveiro aquí >

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio