[201] Curso de verán de dinamización lingüística: participación, implicación e traballo colaborativo

Co obxectivo xeral de coñecermos e procurarmos formas de participación, implicación e traballo colaborativo para a dinamización lingüística, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 17 ao 19 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto

Datas

17, 18 e 19 de xullo de 2013

Lugar

Forum Carballo. Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa. Carballo

Matrícula

A través da Oficina de Cursos da UdC: http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso14/curso14.htm

Custo da actividade

O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, a documentación que se utilice, o xantar do mércores 17 e xoves 18 e os cafés conxuntos dos tres días.

  • 30 euros para socias/os da CTNL, estudantado das universidades e de FP, comunidade universitaria da UDC, persoas desempregadas e pensionistas
  • 50 euros para todas as demais persoas participantes

PROGRAMA

[Podes descargalo aquí en .pdf >]

MÉRCORES 17

Participación nos procesos sociais. De abaixo arriba, de arriba abaixo

10.00 h a 10.30 h Recepción e entrega de documentación

10.30 h a 11.00 h Inauguración e benvida

-Representantes da CTNL, SXPL, Universidade da Coruña e Concello de Carballo

11.00 h a 12.30 h Conferencia inaugural

De “as portas están abertas” a “este proxecto tamén é teu”. Sobre métodos e estratexias de implicación

Carmen Espinar. Socióloga, membro da Red Cimas e activista social

12.30 h a 13.00 h Pausa-café conxunto

13.00 h a 14.30 h Mesa de experiencias

Exemplos e experiencias de implicación desde administracións

-Proxecto Sonda Norte (Ribadeo) e Centro Ágora (A Coruña). Xavier Campos (concelleiro e xestor cultural)

-Rede de Entidades Amigas da Lingua e Proba en galego (Pontevedra). Conchi Cochón (técnica de normalización lingüística)

14.30 h Xantar conxunto

16.30 h a 18.00 h Mesa de experiencias

Exemplos e experiencias de implicación desde a base

-Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT). Paco Veiga (profesor e dinamizador da AGXPT)

-A implicación desde unha parroquia. Rubén Aramburu (crego)

-Experiencias de implicación de maiores e rapazada. Celso F. Sanmartín (dinamizador e contador)

18.00 h a 20.00 h Sesión de xogos populares: chave, ra, zancos, peón, mariola, corda, aro…

XOVES 18

Propostas para o artellamento da participación, implicación e traballo colaborativo. Métodos e técnicas

10.30 h a 12.00 h Experiencia e proposta de traballo

A participación e a implicación no traballo dinamizador en Euskal Herria. Experiencias, métodos e técnicas

Txerra Rodríguez. Técnico de normalización da cooperativa vasca Emun

12.00 h a 12.30 h Café conxunto

12.30 h a 14.30 h Proposta de traballo

As potencialidades do “xogo serio” para a implicación e participación en proxectos

Carlos Martínez. Coach e facilitador Lego Serious Play de Nordkom

14.30 h Xantar conxunto

16.30 h a 18.00 h Proposta de traballo

Métodos, estratexias e experiencias de implicación en dinamización lingüística

Bernardo Penabade. Profesor e impulsor de proxectos normalizadores

18.00 h a 18.30 h Descanso

18.30 h a 19.00 h Proposta de traballo

Viveiro de propostas normalizadoras. Espazo para a aplicación de métodos e posta en marcha de experiencias

Queca Carballo, coordinadora do Viveiro da CTNL

19.00 h a 20.30 h Grupos de traballo colaborativo: Deseño de implicación en proxectos a partir do Viveiro de propostas normalizadoras

VENRES 19

Participación, implicación e traballo colaborativo. Experiencias e propostas

10.00 h a 11.00 h Presentación e valoración dos deseños de implicación realizados polos grupos de traballo colaborativo

11.00 h a 12.00 h Proposta de traballo

A comunicación implicativa. Métodos e experiencias de Implicad@s no Desenvolvemento

Ania Piñeiro. Educadora social e presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento

12.00 h a 12.30 h Café conxunto

12.30 h a 14.00 h Conferencia de peche

Democracia implicativa para os procesos de cambio social

Marta Martorell. Consultora en xestión pública e participación cidadá de Civis

Organiza

Universidade da Coruña. Servizo de Normalización Lingüística

Colaboran

-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

-Concello de Carballo

Máis información

Servizo de Normalización Lingüística UDC

Maestranza, 9. A Coruña.

Tfno.: 981 167 000 ext. 1177, 1042 ou 1055

Info completa no web da CTNL >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio