“Non queremos ser estranxeiras na propia patria” é o lema co que a plataforma cidadá Queremos Galego, da que a CTNL forma parte, convoca a manifestación do 17 de maio, día das letras galegas, para seguir visibilizando que, no proceso de normalización lingüística, queda moito por facer, e que facemos falta todas e todos.
Por iso, desde a CTNL facemos un chamamento para participar nesta manifestación convocada por Queremos Galego e que conta, ademais, co apoio de numerosas entidades de todo tipo.
A saída será ás 12.00 h desde a Alameda de Santiago de Compostela, e a manifestación percorrerá as rúas da cidade para rematar na Praza da Quintana, onde haberá intervecións de diferentes colectivos.
Non faltes!