- Lugar: Restaurante A Nave de Vidán. Santiago de Compostela
- Hora: 14.30 h
- Menú: cocido (con sopa de cocido, cacheira, lacón, costela, polo, vitela, garavanzos, patacas, verdura e chourizo. Filloas e orellas de sobremesa, viño mencía, cafés e licores). Quen non coma cocido ten unha opción vexetariana (cogomelos con crema de cenoura e arroz con pisto) e outra alternativa (revolto e xarrete ou pescada), que debe indicar no momento da inscrición
- Prezo: 25 euros
- CONFIRMACIÓN: debes confirmar a túa asistencia ao xantar ata o 22 de febreiro, no enderezo-e info@ctnl.org ou no teléfono 629 571 950
Ah! E, ademais, alí estará o photocall de GÚSTAME O GALEGO, para que todas as persoas que queiran poidan participar tirando unha foto e, ademais, levar unha chapa de agasallo…
Que, anímaste?
Ligazón ao evento en Facebook >
[Ese mesmo día ten lugar a Asemblea Xeral da CTNL, no mesmo lugar, ás 11.30 h en primeira e ás 12.00 h en segunda convocatoria]