1991-2011: Vinte anos de equipos de normalización lingüística nos centros de ensino

A Coordinadora Galega de ENDL organiza un acto para darlle visibilidade ao traballo dos equipos de normalización lingüística do ensino, no vinte aniversario do seu nacemento, e para recoñecer publicamente o labor de Agustín Fernández Paz neste ámbito. Terá lugar o sábado 4 de xuño en Compostela

A CGENDL organiza o acto 1991-2011: vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que terá lugar o vindeiro sábado 4 de xuño ás 11.30 h da mañá no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

Esta xornada ten como finalidade darlle visibilidade pública ao traballo feito polos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) ao longo de todos estes anos e agradecer o labor dos/as docentes, do alumnado e dos/as colaboradores/as que os conformaron e os conforman.

Así mesmo, o acto tamén servirá para expresar a gratitude e recoñecemento público a Agustín Fernández Paz polo seu papel, precursor e activo, no ámbito da normalización lingüística no ensino.

Para asistir cómpre enviar os datos persoais ao enderezo correo@coordinadoraendl.org.

DÍA: sábado 4 de xuño

HORA: 11.30 h

LUGAR: Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio