
XV Encontros para a normalización lingüística. 18 e 19 de abril en Compostela
Os XV Encontros para a normalización lingüística terán lugar os días 18 e 19 de abril de 2013 no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de abril

Obradoiro de notas de prensa para a difusión de accións de normalización lingüística
Este obradoiro que organiza a CTNL terá lugar durante abril e maio de 2013, cunha sesión presencial o 25 de abril en Santiago de Compostela. O obxectivo é aprender a elaborar e xestionar notas de prensa dun xeito máis eficiente, para que así as accións de normalización poidan ter maior repercusión nos medios. O prazo de inscrición comezou o 3 e remata o 10 de abril

Empresa busca docente de galego
O Instituto Tecnolóxico de Formación (INTEC) necesita profesor/a con formación e experiencia docente para impartir cursos de galego

Contrato de investigación para licenciados/as en Filoloxía na UdC
A Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña publica a convocatoria dun contrato de investigación para licenciados/as en Filoloxía Galega ou afíns (Portuguesa, Hispánica ou Románica) para a colaboración nun proxecto

Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego en Compostela
O Concello de Santiago organiza o I Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego, co obxectivo de fomentar o uso do galego na comunicación publicitaria. O prazo de inscrición remata o 15 de abril de 2013 e o/a gañador/a recibirá un premio en metálico de 5.000 euros