[194] Documentación e información para a Asemblea da CTNL deste sábado 2 de marzo

Benquerida/o socia/o, Lembrámosche que este sábado 2 de marzo ten lugar a Asemblea anual da CTNL, para a que che enviamos aquí a información e documentación completa. Un saúdo
Documentación e información completa para a asemblea

Documentación e información completa para a asemblea

-DÍA: sábado 2 de marzo de 2013

-Hora da primeira convocatoria: 11.30 h

-HORA da segunda convocatoria: 12.00 h

-LUGAR: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela)

Podes descargar aquí os documentos dos distintos puntos da orde do día, para que así teñas a información completa da xestión e traballo da CTNL, a poidas consultar, coñecer e valorar de primeira man e poidas tamén preparar achegas e facermos unha asemblea participativa, áxil e dinámica. Podes descargalos aquí en .pdf:

Gústame o galego

Gústame o galego

Gustache…, que chedigan “qrt m8”?, …que nos pubs poñan música en galego?, …que non che traduzan o café con leite?

Pois o sábado 2 de marzo, o mesmo día da asemblea e no mesmo lugar, calquera persoa que queira e que lle guste o galego poderá participar na campaña “Gústame o galego”, que estará na Nave de Vidán de 11.30 h a 14.30 h.

Tirarémosche unha foto coa frase que prefiras e levarás unha chapa de agasallo. Mira como é a cousa en www.gustame.gl e anímate a dicir #gustameogalego

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio