Propostas de acción para 2013
Podes descargar aquí o documento de Propostas de acción da CTNL para o período interasemblear 2013-2014, para o seu debate na Asemblea Xeral Ordinaria do 2 de marzo de 2013.
No documento intentamos integrar as distintas propostas que foron chegando por parte das socias e socios e elaboramos unha ambiciosa proposta de plan de acción para traballar activamente todo o ano.
Bótalle un ollo, mira que che parece e prepara as túas achegas, propostas, comentarios, etc., para a asemblea.
Nos próximos días, e antes do día 2, iremos publicando outra documentación para a asemblea, como a acta da asemblea anterior, o informe de altas e baixas de socias/os ou o informe de xestión. Publicaranse aquí >
Asemblea, o sábado 2 de marzo
Lembra os datos:
-Día: sábado 2 de marzo de 2013
-Hora da primeira convocatoria: 11.30 h
-Hora da segunda convocatoria: 12.00 h
-Lugar: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela)
Orde do día
1.Lectura e votación da acta da asemblea anterior
2.Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3.Exposición, debate e aprobación do informe de xestión
4.Exposición, debate e aprobación do informe de contas
5.Exposición, debate e aprobación das propostas de acción para o próximo exercicio
6.Rolda aberta de intervencións
Xantar de confraternidade lingüística
Disque sempre estamos coa lingua de fóra…, pois haberá que coller forzas! (mais seguiremos igual con ela de fóra, para que se vexa ben, eh!). Por iso, convocouse para ese mesmo 2 de marzo un xantar de confraternidade lingüística de traballadoras e traballadores, dun ou doutro xeito, da normalización da lingua e achegad@s.
Tes toda a información aquí, mais lembra que hoxe, venres 22, remata o prazo para te anotares, enviando un correo a info@ctnl.org. Anímate!