[192] 2 de marzo, xantar de confraternidade lingüística

Disque sempre estamos coa lingua de fóra..., pois haberá que coller forzas! (mais seguiremos igual con ela de fóra, para que se vexa ben, eh!). Por iso, convócase un xantar de confraternidade lingüística de traballadoras e traballadores, dun ou doutro xeito, da normalización da lingua e achegad@s

Será o sábado 2 de marzo en Santiago de Compostela, e débese confirmar asistencia ata o 22 de febreiro.

-Lugar: Restaurante A Nave de Vidán. Santiago de Compostela

-Hora: 14.30 h

-Menú: cocido (con sopa de cocido, cacheira, lacón, costela, polo, vitela, garavanzos, patacas, verdura e chourizo. Filloas e orellas de sobremesa, viño mencía, cafés e licores)

-Prezo: 25 euros

-CONFIRMACIÓN: debes confirmar a túa asistencia ao xantar ata o 22 de febreiro, no enderezo-e info@ctnl.org ou no teléfono 629 571 950

Ah! E, ademais, alí estará o photocall de GÚSTAME O GALEGO, para que todas as persoas que queiran poidan participar tirando unha foto e, ademais, levar unha chapa de agasallo…

Que, anímaste?

Ligazón ao evento en Facebook >

[Ese mesmo día ten lugar a Asemblea Xeral da CTNL, no mesmo lugar, ás 11.30 h en primeira e ás 12.00 h en segunda convocatoria]

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio