[191] O 2 de marzo tes unha cita coa CTNL

O sábado 2 de marzo terá lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral da CTNL, así como un xantar de confraternidade no que nos gustaría que participases

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria 2013

Benquerida/o socia/o,

Compráceme convocarte á Asemblea Xeral Ordinaria da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

-Día: sábado 2 de marzo de 2013

-Hora da primeira convocatoria: 11.30 h

-Hora da segunda convocatoria: 12.00 h

-Lugar: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela)

Orde do día

1.Lectura e votación da acta da asemblea anterior

2.Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas

3.Exposición, debate e aprobación do informe de xestión

4.Exposición, debate e aprobación do informe de contas

5.Exposición, debate e aprobación das propostas de acción para o próximo exercicio

6.Rolda aberta de intervencións

Documentación para a Asemblea

A partir do día 22 de febreiro estará ao dispor das socias e dos socios a documentación para a asemblea a través do web da CTNL: acta da asemblea anterior, informe de altas e baixas de socias/os, informe de xestión e propostas de acción para o próximo exercicio. Nese momento, enviaráseche un correo-e con acceso a eses documentos, para que, deste xeito, poidas preparar mellor as túas achegas e propostas e así facermos entre todas e todos unha asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva.

Atentamente,

Nel Vidal Barral

Presidente da CTNL

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013

[Convocatoria en .pdf]

Xantar de confraternidade

O mesmo día da Asemblea da CTNL celebraremos, no mesmo espazo, un xantar de confraternidade lingüística, no que nos gustaría contar coa túa participación.

-Lugar: Restaurante A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela) www.anavedevidan.com

-Hora: 14.30 h.

-Menú: cocido (con sopa de cocido, cacheira, lacón, costela, polo, vitela, garavanzos, patacas, verdura e chourizo. Filloas e orellas de sobremesa, viño mencía, cafés e licores).

Quen quixer xantar outra cousa, debe indicalo no momento da inscrición.

-Prezo: 25 euros.

-Confirmación: debes confirmar a túa asistencia ao xantar ata o 22 de febreiro, no enderezo-e info@ctnl.org ou no teléfono 629 571 950.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio