![Os medios en galego asócianse para defender a comunicación na lingua propia Os medios en galego asócianse para defender a comunicación na lingua propia](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/197-a-asoc-medios-galego.jpg)
Os medios en galego asócianse para defender a comunicación na lingua propia
Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás e Valminor.info son os impulsores da nova Asociación de Medios en Galego
![O amor en galego ten premio O amor en galego ten premio](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/197-b-querote.jpg)
O amor en galego ten premio
O Certame de Cartas de Amor de Radio Fene (Radiofusión) cumpre 15 anos. O evento xira arredor do día da Candeloria, o 2 de febreiro, cando casan os paxariños, e mais do Día de San Valentín, 14 de febreiro, patrón d@s namorad@s
![Abertos os diferentes concursos do Correlingua 2013 Abertos os diferentes concursos do Correlingua 2013](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/197-c-correlingua2013.jpg)
Abertos os diferentes concursos do Correlingua 2013
Galego: a chave do mundo. Ese é o lema da nova edición do Correlingua, a de 2013, que xa ten datas e que ten abertos os prazos dos diferentes concursos: vídeo, banda deseñada, elaboración de manifesto e cantalingua
![Convocatoria de axudas para a edición en galego de recursos didácticos Convocatoria de axudas para a edición en galego de recursos didácticos](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/197-d-materiais-curriculares.jpg)
Convocatoria de axudas para a edición en galego de recursos didácticos
A SXPL convoca axudas para a edición en galego de recursos didácticos curriculares e complementarios destes, realizados en soportes impresos ou dixitais. O prazo está aberto ata o 1 de marzo
![Un par de orfas. OPINIÓN: por Isabel Vaquero Un par de orfas. OPINIÓN: por Isabel Vaquero](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/197-e-isabel_vaquero_240.jpg)
Un par de orfas. OPINIÓN: por Isabel Vaquero
Mal podían imaxinar as mulleres e os homes do Seminario de Estudos Galegos, alá polos anos 20 e 30 do pasado século, que as súas dificultades para inaugurar unha cultura científica en galego ían verse empequenecidas, vistas na actualidade, pola presión dun dogma global de sentido común segundo o cal a lingua común neste terreo é o inglés.
![Normalizar dende un SNL. OPINIÓN: por Marta Souto Normalizar dende un SNL. OPINIÓN: por Marta Souto](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/not/197-f-43021_70.jpeg)
Normalizar dende un SNL. OPINIÓN: por Marta Souto
Ao me propoñer un artigo sobre o labor normalizador dende e nunha cidade, a través dun servizo de normalización lingüística (SNL), foi moito o que me veu a cabeza , ao cabo moito é o tempo neste servizo e abondas experiencias –positivas e negativas– que se van acumulando. Podería, mais axiña o rexeitei, falar sobre funcións, actividade, lexislación, orzamentos…
![A favor. OPINIÓN: por Nel Vidal A favor. OPINIÓN: por Nel Vidal](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/197-g-nel_vidal_2012.jpg)
A favor. OPINIÓN: por Nel Vidal
En moitas ocasións, os movementos e as persoas que nos preocupamos e que traballamos a favor do galego transmitimos unha certa –e ás veces case inevitábel– actitude negativa, pesimista ou demasiado polemicista. E, claro, na práctica iso non ten un gran poder de atracción nin convicción…