[189] Ei, que aínda faltan as túas propostas!
Moi boas,
Como xa che dixemos, desde a directiva da CTNL estamos a preparar as propostas de traballo para o 2013, para o que nos gustaría contar coa túa participación. Para iso, podes enviar as túas proposta ata este venres, 1 de febreiro, a info@ctnl.org.
A planificación que elaboremos levarase á asemblea (que terá lugar a principios de marzo, nunha data que anunciaremos proximamente), para que sexa completada, modificada e/ou ratificada, mais, para elaborala, gustaríanos valorar e poder incluír nela achegas das socias e dos socios que consideremos de interese e viables para desenvolver cos medios e recursos dos que dispomos.
Deste xeito, que non se che pase, envía as túas propostas de cursos e accións formativas, encontros, documentos, proxectos, outras accións, etc.
Pensa que acción sería de interese que desde a CTNL desenvolvamos en 2013, explícaa un pouquiño, en dúas ou tres liñas, e envíaa axiña a info@ctnl.org.
Agardamos as túas ideas!
Graciñas pola atención e un saúdo,
Nel Vidal
Presidente da CTNL