[188] Que facemos desde a CTNL en 2013?

Benquerida/o socia/o, Desde a xunta directiva da CTNL estamos a preparar as propostas de traballo para o 2013, para o que nos gustaría contar coa túa participación. A planificación que elaboremos levarase á asemblea (que terá lugar a principios de marzo, nunha data que anunciaremos proximamente), para que sexa completada, modificada e/ou ratificada, mais, para elaborala, gustaríanos valorar e poder incluír nela achegas e propostas das socias e dos socios que consideremos de interese e viables para desenvolver cos medios e recursos dos que dispomos. Deste xeito, abrimos hoxe, e até o venres, día 1 de febreiro, un prazo de recollida de propostas de cursos e accións formativas, encontros, documentos, proxectos, outras accións, etc. Pensa que acción sería de interese que desde a CTNL desenvolvamos en 2013, explícaa un pouquiño, e envíaa ata o venres 1 de febreiro a info@ctnl.org. Agardamos as túas ideas e propostas. Graciñas pola atención e un saúdo, Nel Vidal Presidente da CTNL
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio