
Gústame…, a creación en galego! A ti tamén? Pois non podes faltar ao Culturgal!
Desde este venres 30, e durante tres días, o Pazo da Cultura de Pontevedra estará cheo de ideas, de proxectos, de propostas, de accións…
Se che gusta a música, alí tela en galego de todos os estilos. As novas tendencias da comunicación ou do deseño amosaranse en Culturgal. O melloriño da literatura, e das artes escénicas, e o audiovisual. A cultura que facemos en galego, toda xuntiña, e ao teu dispor!
Serán 70 entidades amosando as súas propostas e proxectos e máis de 140 actividades nun non parar de venres a domingo, e de balde!
E alí estará a CTNL, cunha sorpresiña… O inicio dunha acción que agardemos que che guste… Non podes deixar de vir, eh!?
-Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra
-Horario: de 11.00 h a 14.30 h e de 16.30 h a 21.30 h.