[180] Xornada d-Lingua: recordatorio e prazo

Bo día, Lembrámosche que, tal e como informamos o outro día, este xoves 22 terá lugar a Xornada de formación e coñecemento d-Lingua para a CTNL. Se queres participar e aínda non te anotaches, debes facelo hoxe mesmo, para así termos unha mellor previsión de persoas participantes. Graciñas e un saúdo, CTNL

Xornada de formación e coñecemento d-Lingua para a CTNL

-DÍA: xoves 22 de novembro

-HORA: de 17.00 h a 20.00 h

-LUGAR: Biblioteca do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi. Santiago de Compostela).

Para participar debes confirmar a túa asistencia enviando un correo-e ao enderezo-e info@ctnl.org até o 20 de novembro. Debido á capacidade do lugar e á dinámica da xornada, o número máximo de asistentes será de 30, polo que, en caso de haber máis persoas interesadas, respectarase a orde de inscrición.

PROGRAMA DA XORNADA

– Presentación e visita guiada pola plataforma.

– Creative Commons: descrición da filosofía e tipos de licenzas.

– Os recursos da normalización lingüística: presentación de tipoloxías principais.

– Os dereitos de autoría: sesión práctica. Información e resolución de dúbidas sobre dereitos de autoría en recursos de normalización lingüística, principalmente en SNL. Presentación dun protocolo de cesión de dereitos apto para d-Lingua.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio