Xornada de formación e coñecemento d-Lingua para a CTNL
-DÍA: xoves 22 de novembro
-HORA: de 17.00 h a 20.00 h
-LUGAR: Biblioteca do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi. Santiago de Compostela).
Para participar debes confirmar a túa asistencia enviando un correo-e ao enderezo-e info@ctnl.org. Debido á capacidade do lugar e á dinámica da xornada, o número máximo de asistentes será de 30, polo que, en caso de haber máis persoas interesadas, respectarase a orde de inscrición.
PROGRAMA DA XORNADA
– Presentación e visita guiada pola plataforma.
– Creative Commons: descrición da filosofía e tipos de licenzas.
– Os recursos da normalización lingüística: presentación de tipoloxías principais.
– Os dereitos de autoría: sesión práctica. Información e resolución de dúbidas sobre dereitos de autoría en recursos de normalización lingüística, principalmente en SNL. Presentación dun protocolo de cesión de dereitos apto para d-Lingua.