Cunha duración de 20 horas, terá lugar o mércores 24 de outubro todo o día, e as tardes dos mércores 7, 14 e 21 de novembro na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.
O curso estará impartido por Isabel Vaquero Quintela, responsábel da Área de Dinamización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, e autora do traballo Traballarmos en dinamización lingüística (.pdf), publicado pola CTNL. Ademais, contará cun módulo de participación e implicación, impartido polo experto en participación cidadá Xaime Subiela, e outro de mercadotecnia e comunicación, impartido polo especializado en comunicación e vicepresidente da Agal, Miguel Rodrigues Penas.
O prazo de inscrición estará aberto desde o 8 de outubro ás 10.00 h e até o día 15.