O bUSCatermos, a gran base terminolóxica do galego, xa se pode consultar aberto en liña
A base de datos en liña de terminoloxía técnica multilingüe da USC, bUSCartermos, xa está en liña a disposición de todas as persoas interesadas, con máis de 150.000 conceptos e con máis de 450.000 entradas
Prolingua, A Mesa e a CGENDL queren que as eleccións sirvan para acabar coa actual política de retrocesos para o galego
A plataforma Prolingua, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística fixeron pronunciamentos que teñen como obxectivo acabar coa actual política de retrocesos para o galego e que os partidos políticos se comprometan a desenvolveren medidas eficaces para a normalización lingüística
Convocatoria de probas de competencias clave en galego de nivel 2
A Xunta de Galicia convoca novas probas de avaliación en competencias clave de nivel 2, entre as que se atopan as de comunicación en lingua galega. As probas terán lugar o 24 de novembro, e o prazo de solicitude está aberto ata o 10 de outubro
Ciclo de conferencias na USC sobre dereitos lingüísticos
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e o Servizo de Normalización Lingüística organizan, no marco do plan de actuacións “Témoslle lei”, o ciclo de conferencias “Dereitos lingüísticos en Galicia”. Teñen lugar os días 28 de setembro; 5, 19, 26 de outubro; e 9, 16 de novembro de 2012
Xornadas sobre lingua e plurilingüismo na educación. 19 e 20 de outubro en Compostela
A Facultade de Educación e o SNL da USC organizan as IV Xornadas “Educación e Linguas en Galicia. A lingua galega e o plurilingüismo”. Desenvolveranse os días 19 e 20 de outubro de 2012 na Facultade de CC. da Educación, co obxectivo principal de analizar a implantación do decreto de plurilingüismo