Viño en galego, consumogusto
Constitúese a chamada Irmandade Galega de Adegueiros, un colectivo promovido polo Foro Enrique Peinador e que nace formado por 34 adegas e oitos empresas de distribución co obxectivo de fomentar a etiquetaxe en galego dos produtos agroalimentarios, nomeadamente dos viños
Galiza alén do Arco Atlántico. Congreso da Asociación de Estudos Galegos en setembro en Gales
A Asociación Internacional de Estudos Galegos organiza a décima edición do seu congreso internacional, que nesta ocasión leva por título Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos. Terá lugar do 12 ao 14 de setembro de 2012 na Universidade de Cardiff/Caerdydd (Gales)
Pódese ser feminista en Galiza en castelán? Entrevista a Nel Vidal
A revista vasca Argia entrevista ao presidente da CTNL, Nel Vidal, a propósito do curso de verán de dinamización lingüística Xustiza social e dinamización lingüística, que terá lugar os días 18, 19 e 20 de xullo en Carballo. Reproducimos aquí a entrevista traducida a galego
Imaxes da Xornada de análise e avaliación dos Celga
Desde a CTNL queremos agradecer ás arredor de 150 persoas asistentes á Xornada de análise e avaliación dos Celga a súa participación, que fixo posible o bo desenvolvemento e aproveitamento. Publicamos aquí algunhas imaxes do día
Eu falarei!
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Chapela de Redondela lanza unha mensaxe de compromiso e esperanza para o futuro do galego a través do lipdub Eu falarei, que xa é todo un éxito nas redes sociais
O xoves 12 ás 14.00 h remata o prazo de matrícula no Curso de verán de dinamización lingüística
Un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL, o Concello de Carballo e a SXPL, convoca o Curso de verán sobre dinamización lingüística, que nesta oitava edición leva por título “Dinamización lingüística e xustiza social”. O curso terá lugar no Fórum Carballo os días 18, 19 e 20 de xullo. O prazo de inscrición remata o xoves 12 ás 14.00 h