[171] Que non se che pase o prazo de inscrición do Curso de verán de dinamización lingüística!

Como sabes, un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL, o Concello de Carballo e a SXPL, convoca o Curso de verán sobre dinamización lingüística, que nesta oitava edición leva por título "Dinamización lingüística e xustiza social". O curso terá lugar no Forum Carballo os días 18, 19 e 20 de xullo. O prazo de inscrición remata o 12 de xullo, e as prazas son limitadas

VIII Curso de verán de dinamización lingüística “Xustiza social e dinamización lingüística”

OBXECTIVOS

O obxectivo principal deste curso é fortalecer a idea de normalización lingüística como máis unha causa para reivindicarmos a xustiza social. Ademais, isto serve para vincular a dinamización da lingua co ecoloxismo, o feminismo, a cooperación para o desenvolvemento, a defensa das persoas desfavorecidas, etc.

DATAS

18, 19 e 20 de xullo de 2012

LUGAR

Forum Carballo. Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa. Carballo

INSCRICIÓN

-PRAZO: ata o 12 de xullo ás 14.00 h (ou até que se esgoten as prazas)

Prazas limitadas a 80, por orde de inscrición

-PREZO: para socios/as da CTNL 30 € (tamén para a comunidade da UDC, estudantes e persoas desempregadas); a matrícula xeral é de 70 €. O prezo inclúe todas as sesións do curso, o concerto, os cafés de media mañá dos tres días e os xantares de mércores e xoves.

Información e PROGRAMA completo, aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio