[170] Que non se che pase! Hoxe remata o prazo do Viveiro

Hoxe, mércores 20 de xuño, remata o prazo para que te poidas anotar para participar nalgún dos proxectos do Viveiro de propostas normalizadoras... Que non se che pase!

Para anotarte a colaborar con algún dos proxectos do Viveiro debes enviar un correo a viveiro@ctnl.org hoxe mesmo cos teus datos básicos (nome e apelidos, profesión/posto/perfil, etc., enderezo-e e teléfono) e indicando en que proxecto(s) queres colaborar.

Veña, anímate!

As PROPOSTAS son as seguintes, e podes consultalas completas aquí:

-A nosa tamén conta. Oficina de Atención ao Consumidor en Lingua

-Agasallo. Proposta de regalos en galego

-Circuíto de música/Galegote rock

-Club de Debate

-Módulo/curso de comunicación eficaz na empresa

-Consolidación de lexislación en galego

-Estudo da transmisión/non transmisión do galego

-Eu quero galego. Campaña de visibilización

-O galego tamén é chave

-Normativa Empresarial. Responsabilidade Social Corporativa

-Propostas de dinamización para o tempo libre

-Visibilidade da lingua na prensa diaria

Por ti que non queden sen facer… ;-)

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio