OBXECTIVOS E CONTIDOS
OBXECTIVOS XERAIS
- Analizar as posibilidades e vantaxes que poden ofrecer determinadas ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística
- Coñecer as vantaxes da rede para a publicación de materiais, para o traballo colaborativo, para a optimización de recursos, para a difusión de accións, etc.
- Potenciar o uso das novas tecnoloxías, da web 2.0, a difusión de accións a través da rede e o traballo colaborativo en internet
- Que as persoas participantes aprendan a manexar algunhas ferramentas multimedia básicas que poden ser aproveitadas para o traballo en normalización lingüística: blogs; podcast; publicación de textos, fotos, animacións, vídeos e son na rede; manexo de redes sociais, etc.
CONTIDOS
- Blogs
-Panorámica xeral: Blogoteca; Blogaliza, etc.
-Manexo de WordPress
- Redes sociais
-Para o traballo colaborativo en normalización lingüística
-Para a difusión de información de lingua
- Edición, publicación e integración en webs, blogs e redes sociais de imaxe, son e vídeo na rede:
-Imaxe: fotos (tratamento e edición; aloxamento e presentación; animación; fotolog e xeolocalización; foto e texto; inserción) e presentacións (computador, computador + rede, rede, diagramas, frisos cronolóxicos, cadros interactivos, mapas, inserción)
-Son: gravación e edición de audio; aloxamento e/ou creación; música e sons libres; conversión texto-voz; programas de subscrición; podcast
-Vídeo: edición en liña; publicación; subtitulado; creación
-+Multimedia: aloxamento e creación
- Outras ferramentas: Wiki, Google Grupos, sindicación de contidos e marcadores sociais
LUGAR, DATAS E HORARIOS
LUGAR
- Facultade de Filoloxía da USC. Avda. de Castelao s/n. Campus Norte. Santiago de Compostela
DATAS E HORARIOS
- Sábado 18 de outubro, de 10.30 h a 14.30 h e de 16.30 h a 20.30 h
- Venres 24 de outubro, de 17.30 h a 21.30 h
- Sábado 25 de outubro, de 10.30 h a 14.30 h e de 16.30 h a 20.30 h
INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN
A inscrición debe facerse a través do formulario do sitio web da CTNL (www.ctnl.org) até o día 9 de outubro.