[169] Aquí tes as propostas do Viveiro. Con cales colaboras?

Despois da primeira xuntanza do Viveiro de propostas normalizadoras, publicamos agora os doce proxectos presentados, para que todas as persoas interesadas en colaborar con algún deles poidan facelo, anotándose para iso ata o 20 de xuño

Un repositorio dixital de lexislación consolidada en galego, unha campaña de visibilización individual do apoio á normalización, propostas para a dinamización no tempo libre, un programa de normalización de barrio, un circuíto de música en galego, unha oficina de atención ao/á consumidor/a en lingua, un estudo sobre a transmisión do galego… Estas só son algunhas das propostas presentadas…

A primeira xuntanza do Viveiro de propostas normaliadoras tivo lugar o día 30 de maio, e nela presentáronse varios proxectos, acordouse establecer un prazo para poder completar as fichas das ideas expostas e acordouse, tamén, despois dese prazo, publicar no web as fichas dos proxectos presentados para que as persoas que non asistiron á xuntanza poidan anotarse para colaborar con algún(s) deles…

Anímaste a participar nalgún dos proxectos? Apúntate ata o 20 de xuño

Publicamos agora as fichas coa explicación das ideas presentadas. Para anotarte a colaborar con algún destes proxectos debes enviar un correo a viveiro@ctnl.org até o 20 de xuño cos datos básicos (nome e apelidos, profesión/posto/perfil, etc., enderezo-e e teléfono) e indicando en que proxecto(s) queres colaborar.

Despois desa data, desde a CTNL facilitarémoslle á persoa que propuxo cada proxecto os datos de todos/as interesados/as en colaborar nel e, a partir de aí, xa esa persoa contacta co grupo para iniciar o traballo, ben coordinándoo, ben buscando quen o coordine.

Consulta aquí toda a información e todas as propostas >

Veña, que de aquí seguro que saen cousiñas xeitosas para o galego!

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio