[168] Xornada de análise e avaliación dos Celga. 28 de xuño en Santiago de Compostela

A CTNL organiza unha Xornada de análise e avaliación dos Celga, co obxectivo de analizar o sistema de formación e de acreditación e de facer unha proposta de mellora. Terá lugar o 28 de xuño en Santiago de Compostela e o prazo de inscrición está aberto

Obxectivos xerais

-Analizar e avaliar o sistema de acreditación do coñecemento de galego.

-Analizar e avaliar o sistema de formación en lingua para persoas adultas.

-Facer unha proposta de mellora tanto do sistema de acreditación como do sistema de formación en lingua galega.

Información completa, programa e ficha de inscrición no web da CTNL >

Contidos que se tratarán

-Análise e avaliación xeral da implantación dos Celga dentro do proceso de normalización lingüística: a capacitación real da cidadanía e do persoal da administración e os requisitos en procesos selectivos, listaxes de contratación, etc.

-Análise e avaliación do sistema de acreditación dos Celga: as validacións e o modelo de acreditación.

-Análise e avaliación dos cursos de formación preparatorios: organización e xestión, metodoloxías e contidos, profesorado, selección de persoal e condicións laborais, etc.

-Proposta xeral de mellora do sistema.

Persoas destinatarias

-Profesorado colaborador de cursos Celga.

-Avaliadores/as das probas Celga.

-Técnicos/as de normalización lingüística.

-Responsábeis de entidades relacionadas coa lingua.

-Persoas interesadas en xeral.

Lugar

Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Dinámica da xornada

A idea é que esta xornada sirva para analizar e avaliar tanto o sistema de acreditación do coñecemento do galego e a súa implantación, como o sistema de formación en lingua para persoas adultas e, a partir de aí, facer unha proposta de mellora. Para iso, na xornada haberá diversos relatorios e mesas de traballo sobre aspectos concretos do sistema e espazos para o debate. Partirase dun documento base de análise e proposta que será discutido, completado, etc. Este borrador-proposta de documento seralles remitido ás persoas anotadas uns días antes da xornada.

Inscrición

-A inscrición é de balde, e debe facerse a través do formulario habilitado para o efecto no web da CTNL.

-O número de prazas está limitado a 100, que se adxudicarán por orde de inscrición, dándolles preferencia, en todo caso, ás/aos socias/os da CTNL.

-O prazo de inscrición remata o 23 de xuño, e a listaxe de persoas admitidas publicarase no web da CTNL o día 25 de xuño.

Información completa, programa e ficha de inscrición no web da CTNL >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio