OBXECTIVOS
O obxectivo principal deste curso é fortalecer a idea de normalización lingüística como máis unha causa para reivindicarmos a xustiza social. Ademais, isto serve para vincular a dinamización da lingua co ecoloxismo, o feminismo, a cooperación para o desenvolvemento, a defensa das persoas desfavorecidas, etc. Procurarase amosar a oportunidade e necesidade de conectar e crear vínculos entre diferentes espazos que procuran unha maior xustiza social. Ao mesmo tempo deseñaremos iniciativas para que os movementos, colectivos, asociacións etc., que desenvolvan esas causas asuman máis activamente a defensa da normalización lingüística como algo propio que ten que formar parte de seu da súa programación cotiá.
DATAS
18, 19 e 20 de xullo de 2012
LUGAR
Fórum Carballo
Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa
Carballo
DURACIÓN
20 horas
INSCRICIÓN
-PRAZO: ata o 12 de xullo ás 14.00 h (ou até que se esgoten as prazas)
-LÍMITE DE PRAZAS: 80, por orde de inscrición
-PREZO: 70 €, matrícula xeral, e 30 € para os/as socios/as da CTNL, comunidade da UDC, estudantes e persoas desempregadas