[166] Contratacións para SNL, Punto.gal e reflexións sobre lingua

O .gal, cada vez máis preto, presenta a candidatura para termos dominio galego en internet A candidatura para un dominio […]
O .gal, cada vez máis preto, presenta a candidatura para termos dominio galego en internet

O .gal, cada vez máis preto, presenta a candidatura para termos dominio galego en internet

A candidatura para un dominio de Internet de primeiro nivel para a lingua e cultura galegas (.gal) está a piques de presentarse ante a ICANN, o ente que goberna os enderezos de Internet. O próximo martes 29 de maio será presentada publicamente na Cidade da Cultura

[Accede á info]

Contratación temporal a tempo parcial dun técnico/a de normalización lingüística no Concello de Foz

Contratación temporal a tempo parcial dun técnico/a de normalización lingüística no Concello de Foz

O Concello de Foz anuncia a contratación temporal, a tempo parcial, até o 14 de outubro de 2012, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de xuño

[Accede á info]

Contratación temporal a tempo parcial dun técnico/a de normalización lingüística no Concello de Oroso

Contratación temporal a tempo parcial dun técnico/a de normalización lingüística no Concello de Oroso

O Concello de Oroso anuncia a contratación temporal, a tempo parcial, até o 30 de setembro de 2012, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de xuño

[Accede á info]

A lingua, a reflexión. Dez voces das letras reflexionan sobre o galego

A lingua, a reflexión. Dez voces das letras reflexionan sobre o galego

A lingua, a reflexión, é un documental de Xosé Bocixa que recolle opinións, ideas e reflexións sobre a situación do galego por parte de dez voces do ámbito das letras: Lois Dieguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Pilar Pallarés, Ánxeles Penas e Marcelino Fdez. Mallo

[Accede á info]

Fai teu o galego!

Fai teu o galego!

OPINIÓN: Por Carlos Callón

Falar en galego en Galiza habería de ser tan doado como botarse a hablar en castellano en Segovia ou to speak english en Manchester. Porén, é sabido que as cousas non son tan sinxelas…

[Accede ao artigo completo]

El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi...

El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi…

OPINIÓN: Por Alba Cid Fernández

Que dis? Como pode resultarnos familiar esta frase? O certo é que a feliz actividade do morcego entrou nas nosas vidas ao pasarmos polo trance de instalar unha tipografía en Linux ou Windows. E por que esta escolla?…

[Accede ao artigo completo]

Axenda da lingua

Consulta a axenda da lingua completa >

Martes 29 de maio

Presentación da candidatura para o dominigo galego en internet .gal

Mércores 30 de maio | Santiago de Compostela

Xuntanza do Viveiro de propostas normalizadoras

1 de xuño

Remata o prazo para a contratación de técnico/a de normalización lingüística en Oroso

4 de xuño

Remata o prazo para a contratación de técnico/a de normalización lingüística en Foz

14 de xuño

Remata o prazo de presentación para os lectorados de galego en seis universidades estranxeiras

29 de xuño

Remata o prazo do concurso Ouff Escola 2012

Consulta a axenda da lingua completa >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio