[165] Lectorados, contratación de TNL, Vitaminas para o galego, ordenanza de Lugo…

O Concello de Lugo aproba por unanimidade a súa Ordenanza de uso do galego Na sesión plenaria que tivo lugar […]
O Concello de Lugo aproba por unanimidade a súa Ordenanza de uso do galego

O Concello de Lugo aproba por unanimidade a súa Ordenanza de uso do galego

Na sesión plenaria que tivo lugar o luns 7 de maio de 2012, a corporación municipal de Lugo aprobou inicialmente, cos votos a favor do PP, PSdeG-PSOE e BNG, unha Ordenanza de uso do galego que ten por obxectivo impulsar o proceso de normalización da lingua galega no municipio

Accede á info>

Moitas máis Vitaminas para o galego neste mes de maio

Moitas máis Vitaminas para o galego neste mes de maio

Lapis para escribir en galego, lectura expansiva o día 16 do manifesto Vitaminas para o galego en centros de ensino, concellos e cidades de todo o mundo e festival fin de festa en Carballo o mesmo día 16 de maio, coa actuación de Sés e a presentación de Paula Carballeira

Accede á info>

Convocados lectorados de galego en seis universidades estranxeiras

Convocados lectorados de galego en seis universidades estranxeiras

A Secretaría Xeral de Política Lingüístia anuncia a convocatoria de lectorados de galego en Vitoria, París, Birmingham, Oxford, Cork e Salvador de Bahía. O prazo de solicitude está aberto ata o 14 de xuño

Accede á info>

Contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Estrada

Contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Estrada

O Concello da Estrada anuncia a contratación temporal, até o mes de setembro, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de maio

Accede á info>

Traballarmos en dinamización lingüística. Unha guía para mellorar o traballo de dinamización da lingua galega

Traballarmos en dinamización lingüística. Unha guía para mellorar o traballo de dinamización da lingua galega

A CTNL publica, dentro da colección Documentos CTNL, Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución, da autoría de Isabel Vaquero, unha guía que contextualiza a dinamización dentro da planificación lingüística, que analiza actuacións dinamizadoras e que ofrece unha metodoloxía de traballo

Accede á info>

A CTNL crea o Viveiro de propostas normalizadoras

A CTNL crea o Viveiro de propostas normalizadoras

Coa finalidade de que nazan proxectos de todo tipo para o fomento do galego, a CTNL crea o Viveiro de propostas normalizadoras, un espazo de traballo e intercambio para que traballadoras/es de normalización lingüística poidan madurar e desenvolver ideas e proxectos. A xuntanza inicial deste Viveiro terá lugar o 30 de maio

Accede á info>

#17MQueremosGalego con voares de esperanza

#17MQueremosGalego con voares de esperanza

Este xoves 17 temos que facer de Santiago de Compostela “un pombal do que xurdan os voares de esperanza que encherán de vida os ceos da patria da lingua que nos une”. Manifestación pola lingua que nos une. Mércores 17 de maio. 12.30 h. Santiago de Compostela

Accede á info>

Axenda da lingua

Mércores 16 de maio

Correlingua en Viveiro

Mércores 16 de maio | Carballo

Vitaminas para o galego | Concerto de Sés

17 de maio, ás 12.00 h

Queremos Galego. Manifestación en Santiago de Compostela

17 de maio

Remata o prazo do concurso Lingua de namorar

19 de maio

Remata o prazo de solicitude de bolsas do Consello da Cultura Galega

23 de maio

Remata o prazo para a contratación de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Estrada

Consulta aquí a Axenda da Lingua completa >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio