[162] Que non se che pase!

Até este mércores podes enviar ideas ou anotarte para participar no Viveiro de propostas normalizadoras, un espazo de traballo e intercambio para o nacemento de proxectos de normalización lingüística. Veña, anímate, que entre todas e todos seguro que podemos facer cousiñas xeitosas ;-)
Umm... que é isto do Viveiro?

Umm… que é isto do Viveiro?

Pois é un espazo de intercambio de ideas e traballo conxunto para que as traballadoras e os traballadores de normalización lingüística poidamos poñernos en contacto, coñecer e presentar propostas e ideas de accións normalizadoras, buscar xente coa que intercambiar impresións e colaborar na maduración e posta en marcha desas propostas, etc. A idea é que deste espazo ou laboratorio nazan e se poidan desenvolver actividades, accións, campañas, obradoiros, produtos normalizadores, etc.

Accede á información completa no web da CTNL >

Descarga a descrición e convocatoria completa (.pdf)>

Descarga a ficha de envío de propostas (.rtf)>

Vale! Como fago para participar?

Moi sinxelo. En primeiro lugar, abonda con que cubras o formulario no web da CTNL.

Se ademais queres presentar un proxecto, unha idea, etc., debes descargar esta ficha, cubrila explicando en que consiste a túa idea ou proxecto, e enviala por correo electrónico a viveiro@ctnl.org.

E, para poder organizarse ben, isto debes facelo até, como máximo, o 23 de maio de 2012.

Lembra que a xuntanza inicial de posta en marcha do Viveiro é o mércores 30 de maio de 2012, ás 17.30 h, na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela (Aula 12).

Ti seguro que tes algunha idea ben xeitosiña!

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio