Subtitulosengalego.com, para ver pelis na rede en versión orixinal cos subtítulos en galego
Subtítulosengalego.com é un proxecto que ten como obxectivo introducir o idioma galego no ámbito do audiovisual internacional, e que pon ao dispor do público os subtítulos en galego de diferentes series, documentais e filmes de referencia a nivel internacional
Convocadas bolsas de colaboración no Consello da Cultura Galega
O Consello da Cultura Galega convoca 5 bolsas de colaboración para diferentes proxectos da entidade. O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de maio
Bolsas de formación para o alumnado do Curso de toponimia
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo convoca 7 bolsas de formación para o alumnado do Curso de formación de especialistas en toponimia. O prazo para presentar as solicitudes remata o 4 de maio de 2012
Lingua de namorar, concurso de mensaxes de amor
Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos
Festival para apoiar os medios en galego en Santiago o 27 de abril
Vitaminas para o Galego organiza un festival o vindeiro venres 27 de abril en Compostela. O evento, que terá lugar na Gentalha do Pichel, inclúe recital e concerto
Convocatoria de subvencións a producións audiovisuais en galego
A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca axudas para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con contido artístico e cultural, co ánimo de contribuír ao desenvolvemento da cultura e facilitar o acceso á diversidade cultural das producións audiovisuais galegas
Co lema
As carreiras pola lingua partirán de Ourense o 2 de maio e percorrerán once comarcas galegas coa participación de centros de ensino de toda Galiza
A CTNL crea o Viveiro de propostas normalizadoras
Coa finalidade de que nazan proxectos de todo tipo para o fomento do galego, a CTNL crea o Viveiro de propostas normalizadoras, un espazo de traballo e intercambio para que traballadoras/es de normalización lingüística poidan madurar e desenvolver ideas e proxectos. A xuntanza inicial deste Viveiro terá lugar o 30 de maio
Axenda da lingua
Accede á Axenda da lingua completa >
Martes 24 de abril
–Presentación de Abertos ao Galego en Pontevedra
Xoves 26 de abril
–Final do concurso Tíralle da Lingua en Santiago de Compostela
–Nace Sermos Galiza dixital
Venres 27 de abril
–Festival Vitaminas para o galego en Santiago de Compostela
Sábado 28 de abril
–Final galega do Club de Debate en Pontevedra
Luns 30 de abril
–Remata o prazo de inscrición no XXV Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros/as
Mércores 2 de maio
–Remata o prazo de presentación ao premio Aberto ao galego
–Correlingua en Ourense
Xoves 3 de maio
–Correlingua en Narón
Venres 4 de maio
–Remata o prazo de envío de gravacións para o concurso de monólogos de Narón
–Remata o prazo de inscrición no V Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras
–Correlingua na Coruña
–Remata o prazo das bolsas de formación para o alumnado do Curso de toponimia