Voares de esperanza #17MQueremosGalego
Voares de esperanza é o manifesto, autoría de Agustín Fernández Paz, co que Queremos Galego chama á manifestación do 17 de maio, e no que se sinala que “Todas as persoas que amamos o galego temos que erguer un pombal no noso interior, un pombal do que xurdan os voares de esperanza que encherán de vida os ceos da patria da lingua que nos une”
As universidades galegas premian as ideas coas que fomentar o galego
Tes unha idea que cres que pode ser boa para o fomento do galego? Anímaste a deseñar unha campaña de normalización? Pois se es membro da universidade, a túa proposta pode ter recompensa! O IX Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras outorgará 2.000 euros a quen deseñe a mellor campaña de normalización e 1.000 euros a quen teña a mellor idea para a promoción do galego
Buscador no Dicionario da RAG para integrar en Firefox
Mediante un aplicativo desenvolvido no proxecto Trasno podemos integrar o Dicionario da RAG no propio buscador do navegador Firefox
GZMusica.com. Toda a información e axenda da música en galego
Nace GZ Música, un novo web para compilar e difundir información sobre a música galega, con información sobre grupos de todos os estilos, novas e unha completa axenda
Resolución das subvencións para a promoción do galego nos concellos
O DOG do 4 de abril de 2012 publica a resolución da SXPL das subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega, para a creación e mantemento de SNL e para o desenvolvemento de programas de dinamización nos anos 2011 e 2012
XXII Xornadas de Lingua e Literatura, o 20 e 21 de abril en Compostela
Un ano máis, a AS-PG e a CIG-Ensino, convocan as Xornadas de Lingua e Literatura, un lugar de intercambio de experiencias, de presentación de recursos e de debate dos principais problemas que afectan á docencia de Lingua e Literatura, sen esquecer nunca a problemática sociolingüística
«As maiores manifestacións do mundo en defensa dunha lingua nos últimos anos foron en Galiza» Entrevista a Carlos Callón
Carlos Callón preside a Mesa desde hai 10 anos e di estar con enerxía para continuar á fronte da asociación en defensa da lingua, que desenvolverá asemblea xeral o vindeiro 28 de abril en Ourense. Desta etapa como presidente da entidade destaca o aumento da afiliación, a mellor estrutura organizativa e a maior capacidade mobilizadora. Conversamos con el sobre a Mesa, o discurso e as mensaxes a prol da normalización lingüística, etc.
Compartindo esperanzas. OPINIÓN: por Iván Méndez López
Nun lugar privilexiado da casa, teño unha figura que gardo como un gran tesouro polo emotivo e, sobre todo, pola forza da súa lenda, unha pequena placa no pé de madeira: “A loita nobre e leal das ideas é o que asegura o progreso”. A cita non podía ser doutro que de Castelao.
Axenda da lingua
>Fiadeiro de localización de software libre na USC
Xoves 19 de abril | #19Aestudantespologalego
>Folga no ensino a prol do galego
20 de abril
>Remata o prazo de presentación de propostas para o III Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura
Venres 20 e sábado 21 de abril | Santiago de Compostela
>XXII Xornadas de Lingua e Literatura
Martes 24 de abril | Pontevedra
>Presentación de Aberto ao Galego
Xoves 26 de abril | Santiago de Compostela
>Final do concurso Tíralle da Lingua
Sábado 28 de abril | Pontevedra
>Final do Club de Debate
30 de abril
>Remata o prazo de inscrición no XXV Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros/as