En liña o dicionario electrónico da Real Academia Galega (RAG)
Con máis de 50.000 entradas, o novo Dicionario da Real Academia Galega pódese consultar en liña e, entre outras utilidades, conta coa posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras
Este 17 de maio seguiremos dicindo que Queremos Galego
A plataforma en defensa da lingua Queremos Galego convoca manifestación a prol do galego o 17 de maio, Día das Letras Galegas, en Santiago de Compostela
Cursos de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras nas universidades galegas
As universidades da Coruña e de Santiago de Compostela convocan, un ano máis, cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras. Nas dúas universidades os cursos terán lugar durante o mes de xullo
Organizacións estudantís convocan folga no ensino o 19 de abril en defensa do galego
Os Comités, a Liga Estudantil Galega, o Sindicato de Estudantes e a Mocidade pola Normalización Lingüística convocan unha folga estudantil no ensino medio para o vindeiro 19 de abril en defensa do “dereito a aprender en galego”
Galegote Rock, para achegarlle a música en galego á mocidade de Pontevedra
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza Galegote rock, un programa de concertos de bandas galegas co que se pretende levar a normalización lingüística á mocidade a través da música galega moderna
Fiadeiro de localización de software libre na USC para termos máis software libre en galego
Para acadar a máxima tradución de programas libres ao galego, o SNL da USC e Proxecto Trasno convocan o IV ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de software libre, que terá lugar o 19, 26 e 28 de abril, en Santiago de Compostela
Encontro sobre a proxección internacional das linguas e culturas peninsulares
O Consello da Cultura Galega organiza, en colaboración co Movimento Festlatino, un seminario sobre as linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional, que terá lugar o vindeiro 3 de abril de 2012 na sede do CCG, en Santiago de Compostela
Cursos de linguaxe xurídica para persoal de xustiza
A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de linguaxe xurídica galega destinados ao persoal ao servizo da Administración de xustiza e mais aos colectivos relacionados co ámbito xurídico. O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de abril
Este ano, tamén, O galego campa!
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude organizan o curso O galego campa: ferramentas e propostas para a dinamización da lingua galega na mocidade, dirixido ao monitorado que traballa nos campamentos xuvenís de verán
Axenda da lingua
Consulta aquí a Axenda da lingua completa >
1 de abril
Remata o prazo de presentación no concurso de vídeo do Correlingua
Martes 3 de abril. Santiago de Compostela
Encontro sobre a proxección internacional das linguas e culturas peninsulares
9 de abril
Remata o prazo de presentación ao VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo
Martes 10 de abril | Pontevedra
Charla: Experiencia práctica de uso do galego
11 de abril
Remata o prazo de inscrición nos cursos de linguaxe xurídica
16 de abril
Remata o prazo de solicitude das subvencións a medios en galego
19, 26 e 28 de abril
Fiadeiro de localización de software libre na USC
Xoves 19 de abril
Folga no ensino a prol do galego
20 de abril
Remata o prazo de presentación de propostas para o III Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura
Martes 24 de abril | Pontevedra
Presentación de Aberto ao Galego