Mil festas máis para a lingua galega
As festas son fundamentais na vida social en Galiza en vilas e aldeas, onde, normalmente, se celebra máis dunha ao ano. Pola importancia destas celebracións nace a campaña Mil festas máis para a lingua galega, coa que se procura a súa galeguización [+info]
Mira por elas. Plataforma en defensa dos medios públicos en galego
Nace a plataforma plural en defensa da radio e televisión públicas galegas, e presentan o manifesto Mira por elas que, entre outras cousas, defende que deben impulsar a normalización do galego [+info]
FalaRedes, actividades para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística
Como herdeiro do programa Bocaberta, nace FalaRedes, actividades de dinamización que a Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza nos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística [+info]
Convocado o III Premio Rosalía de Castro, que pasa a ser de Lingua e Cultura
A Deputación da Coruña convoca o III Premio Rosalía de Castro, que até agora premiaba iniciativas normalizadoras e que agora pasa a ser de lingua e cultura, para premiar o compromiso coa dignificación social do noso patrimonio lingüístico e cultural [+info]
41.341 euros para o fomento de medios en galego en papel
A Xunta de Galicia convoca subvencións para empresas que editen publicacións periódicas en papel escritas integramente en galego. O prazo de solicitude está aberto até o 16 de abril [+info]
Que me dis! Concurso de monólogos para o fomento da lingua en Narón
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón convoca o III Concurso de monólogos que ten como obxectivo promover o uso do galego. O prazo para enviar as gravacións remata o 4 de maio de 2012 [+info]
#XIVEncontros: audios das intervencións e seguimento en Twitter
Non participaches nos XIV Encontros para a Normalización Lingüística? Perdeches algún dos debates ou relatorios? Gustaríache escoitalo de novo? Queres saber o seguimento que tiveron en Twitter? Pois entra aquí… [+info]
Seminario sobre lingua e emprego da Universidade da Coruña
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da UdC, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, organiza o seminario Lingua e Emprego, que terá lugar os días 20, 21 e 22 de marzo de 2012 na Coruña [+info]